viernes, 20 de mayo de 2016

A primavera

Rematado o inverno, o frío marchou, gardamos as bufandas, óense de novo os sons dos animais, as årbores vįstense de follas e flores.....

viernes, 13 de mayo de 2016

VIII EDICION NE NARRACION BREVE

Sabela Rodriguez e Martin García recibiron hoxe o seu diploma por participar no VIII Edicion de Narración Breve. Noraboa polo voso traballo.

viernes, 6 de mayo de 2016

El agua











Museo de Belas Artes

Hoxe, Martes día 3 de Maio, os alumnos de 1º A e 1º C fixemos unha visita ao Museo de Bellas Artes moi agradable. 
Alí vimos cadros que contan historias: 
- O castigo: de dúas nenas nunha antiga escola.
- Os xogadores de naipes.
- As mariscadoras.
- A lenda de Hércules e Gerión. 
Vimos unha fermosa escultura de madeira: "A filliña", que lle levaba flores á virxe María.
E por último, tivemos que buscar estas cinco mulleres nun sorprendente cadro cheo de cores. Non era sinxelo atopalas. Por último pintamos o cadro ao noso gusto no taller co que rematamos a visita. 

Sabela Rodríguez


Pincha NESTE VIDEO se queres ver que ben o pasamos…

Plantando lentellas

As nosas lentellas xa xerminaron. Era hora de plantalas. Botamos terra, abono e regamos...
Ágora temos que coidalas na casa dentro do noso gatiño. Lembrade que as prantas precisan luz, auga, terra e aire.

martes, 3 de mayo de 2016

Primeira adiviña de Maio



                                                         ADIVIÑA DE RUBÉN

XA SABEDES…A RESPOSTA, NOS COMENTARIOS. O PRIMEIRO EN RESPONDER SERÁ  O SEGUINTE EN PROPOÑER ADIVIÑA.

CANTAS COUSAS!

Xa estamos no último e derradeiro trimestre de primeiro. A verdade é que  estamos facendo  un montón de cousas que gustaríanos ensinarvos.

1. Con motivo do tema do vento en ciencias, decidimos facer unha andavía, que xa teredes na casa.



2. Seguimos indo ao invernadoiro todas as semanas a regar e ver canto medran as nosas remolachas.


3. A semana pasada tamén tivemos a sorte de que os rapaces de cuarto nos leran  uns contos moi divertidos.












4. E con tanto conto, casi nos esquecemos de que fomos visitar a biblioteca de Arteixo e xogamos a búsqueda do tesouro.






5. E para finalizar a entrada de hoxe do blog,  deixamosvos as fotos da visita que fixemos hoxe ao museo de belas artes.







(LEMBRADE QUE PODEDES AMPLIAR TODAS AS FOTOS PINCHANDO NELAS :) )

lunes, 2 de mayo de 2016