Mostrando entradas con la etiqueta plástica. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta plástica. Mostrar todas las entradas

viernes, 5 de mayo de 2017

Kandinsky

Os grandes artistas de 2º C demostraron unha vez mais as súas dotes artísticas elaborando este cuadro abstracto basado más formas xeométricas básicas. Kandinsky estaría orgulloso. E eu tamén.

viernes, 6 de mayo de 2016

Plantando lentellas

As nosas lentellas xa xerminaron. Era hora de plantalas. Botamos terra, abono e regamos...
Ágora temos que coidalas na casa dentro do noso gatiño. Lembrade que as prantas precisan luz, auga, terra e aire.

viernes, 29 de abril de 2016

Dia da nai

Felicidades a todas as mamás. Tedes una fillos e fillas estupendos. Grazas a Cristina por este precioso detalle.

lunes, 7 de marzo de 2016

Los dias de la semana

Sabedes porque os días da semana se chamán así? Os alumnos de 1 º C fixeron este traballo tan interesante. Buscaron en internet usando distintos buscadores, fixeron as mezclas de cores necesarias...e tachááán...

lunes, 14 de diciembre de 2015

Guirnalda

Esta é a contribución de 1 C á decoración navideña do cole. Podedes velas colgadas más escaleiras que están na entrada do colexio
Bo Nadal

miércoles, 9 de diciembre de 2015

Postal a cambio dun alimento

Dende o vindeiro sábado día 12 de decembro ata o 9 de xaneiro, as postais que fixeron, quedaran expostas no comercio que se comunicarå. Para conseguila,  cada familia debera de levar un alimento non perecedeiro.

martes, 17 de noviembre de 2015

Dados de Magosto

Os alumnos de 1º C fixeron este dado que ten castañas en vez de puntiños. Cando estuvieron todos rematados, xogaron por parellas. Botaban os dados á vez e tiñan que adivinar canto sumaba ou canto restaba. 

sábado, 14 de noviembre de 2015

Vivendas do mundo

PALAFITA, MONGULU, IURTA, IGLU, CASA COVA
Excelente traballo realizado polos alumnos de 1º C. Despois de comentar na clase estas construccións e buscar imaxes en internet, foron capaces de usar o seu libro de ciencias sociais para buscar a información que tiñan que aportar no seu mural: o nome da vivenda, a vivenda, onde a podemos atopar e con que material se constrúe.

jueves, 12 de noviembre de 2015

A granxa

Encantounos a granxa de Martín. Andan traballar ca herba. Os animais pasean libremente baixo a vixianza do granxeiro. Causou moito interese as escaleiras interiores que suben ao pallar.

As nosas vivendas por dentro

Rubén mais Yaiza fixeron dous excelentes traballos amoblando as suas vivendas. Fixádevos ben...teñen todo tipo de detalles !

martes, 10 de noviembre de 2015

Casa de Ecuador

Érase unha vez un país lonxano chamado Ecuador. Este país atopábase no sur dun fermoso continente: América.  Alí vivía a familia dunha fermosa rapaciña. Esta nena disfrutaba aprendendo, observando, experimentando...asique cando foi de viaxe a Ecuador, a súa cabecilla veu cheíña de ideas novas.

As casas estaban elevadas do chan. Sabedes por qué? Porque hay moita vexetación, animais e humidade. Súbese a elas por unhas escaleiras exteriores.
Con absorbentes fixo unhas canaletas por onde drena a auga. Tamen simulan as ramas de bambú cas cales se constrúen estas vivendas.
O tellado está pintado con spray de cor vermello e a fachada é dunha relaxante cor  verde.
Se abrimos a porta e as fiestras podemos ver os mobles da cocina.
Nesta casa fascinante seguro que a fermosa rapaciña foi moi feliz.

Mais cabanas

Hoxe expuxeron os demais nenos e nenas que trouxeron cabanas. Unha tiña a madeira pintada de cores, outra estaba cubierta de enredaderas...todas diferentes, todas fermosas.

lunes, 9 de noviembre de 2015

Casa de pedra

Miguel fixo unha casa unifamiliar ca fachada de pedra, moi típica de Galicia
ca sua entrada á vivenda e a súa entrada ao garaxe.

Casa unifamiliar

Pablo amosounos a casa dos seus avós feita con cartón e plástico. Explicounos donde que ten unha vivenda e ao lado, o garaxe.  Ata fixo a caseta do seu can Rufo.

jueves, 5 de noviembre de 2015

Tipis

Hoxe Alba, Alejandro e Iris explicáronnos que os indios vivían en tipis. Estaban feitos cunha estructura de madeira e cubertos con peles de animais para protexerse do frío. Estaban decorados con plumas e nun ata andaba unha india facendo as suas tarefas.


miércoles, 4 de noviembre de 2015

Casa tradicional

Hoxe Aroa expuso na aula a súa construcción. Díxonos que o albanel foi o seu pai. Que a fachada era de pedra e tiña un gran balcón. Unha curiosidade é que se sube ao andar de enriba por unhas escaleiras exteriores. E tiña unha entrada/saída segreda por detrás. Seguro que da a unha fantástica e relaxante eira. No tellado luce unha fermosa cheminea por donde sae o fume e o aroma da comida en familia.

martes, 3 de noviembre de 2015

Edificio

Cada alumno de 1ºC fabricou coa sua familia unha vivenda. Cada día iremos explicando algunha. Quedarán expostas no pasillo do primeiro andar. Moitas delas, no mes de Xuño. irán á exposición da festa anual de Voz Natura.
Hoxe Noa fixo de arquitecta. O seu edificio ten  dous andares. Debaixo están  o garaxe e o portal 30 co seu interfono. Sobre a fachada azul rechama o tellado  feito con tellas onde locen unha antena feita con escarbadentedes e mais unha cheminea feita cun absorbente

viernes, 23 de octubre de 2015

Árbores xenealóxicas

Os artistas de 1ºC fixeron a árbore xenealógica da sùa familia. Aínda que partimos dunha idea común, o mais importante desta actividade foi a creatividade. Cada árbore é única aínda que todas de outono. Comentádeo en familia e repasa de con eles as relación familiares: pai,nai-fillo,filla; avó,avoa-neto,neta; irmá-irmán; tío,tía-sobriño,sobrina; esposo-esposa; curmån-curmá...


Na clase practicamos estas relacións coa canción de Don Pepito e Don Xosé.