martes, 24 de noviembre de 2015

Esquerda e dereita

Esquerda e dereita son conceptos moi difíciles de interiorizar. Con pequenos trucos imos practicando día a día. Un pequeño corazón feito cun rombo e dous círculos lémbranos que este órgano está no noso lado esquerdo. Case todos os alumnos e alumnas escriben ca dereita.
Co estribillo da canción da Yenka pasámolo ben e aprendemos de paso adiante e detrás. Podedes ver o vídeo na carpeta de canción de 1º C.

miércoles, 18 de noviembre de 2015

Adiviña Martín García

A adiviña que propuxo Rubén de 1º C foi acertada por Martín García asique el foi quen gravou a seguinte. Escoitádeo e intentade ser os primeros en deixar nos comentarios a resposta.
ADIVIÑA DE MARTÍN GARCÍA

martes, 17 de noviembre de 2015

Dados de Magosto

Os alumnos de 1º C fixeron este dado que ten castañas en vez de puntiños. Cando estuvieron todos rematados, xogaron por parellas. Botaban os dados á vez e tiñan que adivinar canto sumaba ou canto restaba. 

sábado, 14 de noviembre de 2015

Vivendas do mundo

PALAFITA, MONGULU, IURTA, IGLU, CASA COVA
Excelente traballo realizado polos alumnos de 1º C. Despois de comentar na clase estas construccións e buscar imaxes en internet, foron capaces de usar o seu libro de ciencias sociais para buscar a información que tiñan que aportar no seu mural: o nome da vivenda, a vivenda, onde a podemos atopar e con que material se constrúe.

viernes, 13 de noviembre de 2015

O OUTONO CHEGA A 1ºA

Aínda que non o pareza polo clima que estamos tendo, o outono xa chegou e en 1ºA quixemos decorar o noso taboleiro coas cores e froitos típicos desta estación.









jueves, 12 de noviembre de 2015

A granxa

Encantounos a granxa de Martín. Andan traballar ca herba. Os animais pasean libremente baixo a vixianza do granxeiro. Causou moito interese as escaleiras interiores que suben ao pallar.

As nosas vivendas por dentro

Rubén mais Yaiza fixeron dous excelentes traballos amoblando as suas vivendas. Fixádevos ben...teñen todo tipo de detalles !

martes, 10 de noviembre de 2015

Igualdad de genero


O 25 DE NOVEMBRO E O DÍA INTERNACIONAL SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO

Lembrades a árbore da igualdade?


Lembrades o poema que recitaron os nenos de 1ª C? 

Está sacado da seguinte canción:



CURTAS E DEBUXOS ANIMADOS











CONTOS













La evolución de la mujer en los cuentos




Casa de Ecuador

Érase unha vez un país lonxano chamado Ecuador. Este país atopábase no sur dun fermoso continente: América.  Alí vivía a familia dunha fermosa rapaciña. Esta nena disfrutaba aprendendo, observando, experimentando...asique cando foi de viaxe a Ecuador, a súa cabecilla veu cheíña de ideas novas.

As casas estaban elevadas do chan. Sabedes por qué? Porque hay moita vexetación, animais e humidade. Súbese a elas por unhas escaleiras exteriores.
Con absorbentes fixo unhas canaletas por onde drena a auga. Tamen simulan as ramas de bambú cas cales se constrúen estas vivendas.
O tellado está pintado con spray de cor vermello e a fachada é dunha relaxante cor  verde.
Se abrimos a porta e as fiestras podemos ver os mobles da cocina.
Nesta casa fascinante seguro que a fermosa rapaciña foi moi feliz.

Mais cabanas

Hoxe expuxeron os demais nenos e nenas que trouxeron cabanas. Unha tiña a madeira pintada de cores, outra estaba cubierta de enredaderas...todas diferentes, todas fermosas.

lunes, 9 de noviembre de 2015

Encestar na ra

Aproveitamos o Magosto para divertirnos con este sinxelo xogo. Entre nos rapaces recortaron esta ra en cartón, pintárona e pegárona nunha caixa de cartón. Un bo traballo de colaboración. Logo xogaron a encestar castañas. Campeón: Martín García.

Cabana

Nerea presentó unos a primeira cabana. Os rapaces explicaron que podemolas atopar no bosque e na montaña. Están feitas de madeira e só teñen un andar. Nerea fíxolle diante un pequeño xardín no que xoga unha nena. Semilla un bonito bungalow de camping.

Casa con xardín

Martín García presentó unos a súa coqueta casa. Explicounos fantásticamente as suas partes e os materiais empregados. O detalle que nos gustou moito foi que no seu jardín hai preciosos insectos:
XOANIÑAS

A miña casa

  • Alex describiu a sua casa familiar. Fachada branca e fiestras azuis. Anexo á vivenda a topamos un garaxe . Grazas por amosala. 

Casa de edificios

Casa de tres andares, cada un dunha cor. Tellado chabque indica que enriba hai unha terraza onde quenta o sal.

1°C



Un gran grupo!

Casa de pedra

Miguel fixo unha casa unifamiliar ca fachada de pedra, moi típica de Galicia
ca sua entrada á vivenda e a súa entrada ao garaxe.

Casa unifamiliar

Pablo amosounos a casa dos seus avós feita con cartón e plástico. Explicounos donde que ten unha vivenda e ao lado, o garaxe.  Ata fixo a caseta do seu can Rufo.

viernes, 6 de noviembre de 2015

O magosto

No noso mural de outono vemos:
. As follas secas de cores ocres, terra, alaranxados,  vermellos van caendo entre os froitos secos como as castañas, noces, améndoas...e os froitos carnosos como á mazå, a pera, as uvas....que se amosan deliciosos 
. Comeza a finais de Setembro e remata a finais de decembro. 
Han pouco que celebramos o Samaín e ágora toca o Magosto...
É unha festa alegre para divertirse. Gustounos moito o conto de A castaña que reventou ca risa. Pasámolo ben cos xogos tradicionais e comemos unha mórea de castañas. Os mais festeiros ata pintaron a cara.


jueves, 5 de noviembre de 2015