jueves, 3 de diciembre de 2015

A luz do Nadal



Esta é a panxoliña que imos representar todos os nenos e nenas  de primeiro xuntos no festival de Nadal. Podedes cantar na casa para ir collendo xa espíritu festivo.
A LUZ DO NqADAL

martes, 24 de noviembre de 2015

Esquerda e dereita

Esquerda e dereita son conceptos moi difíciles de interiorizar. Con pequenos trucos imos practicando día a día. Un pequeño corazón feito cun rombo e dous círculos lémbranos que este órgano está no noso lado esquerdo. Case todos os alumnos e alumnas escriben ca dereita.
Co estribillo da canción da Yenka pasámolo ben e aprendemos de paso adiante e detrás. Podedes ver o vídeo na carpeta de canción de 1º C.

miércoles, 18 de noviembre de 2015

Adiviña Martín García

A adiviña que propuxo Rubén de 1º C foi acertada por Martín García asique el foi quen gravou a seguinte. Escoitádeo e intentade ser os primeros en deixar nos comentarios a resposta.
ADIVIÑA DE MARTÍN GARCÍA

martes, 17 de noviembre de 2015

Dados de Magosto

Os alumnos de 1º C fixeron este dado que ten castañas en vez de puntiños. Cando estuvieron todos rematados, xogaron por parellas. Botaban os dados á vez e tiñan que adivinar canto sumaba ou canto restaba. 

sábado, 14 de noviembre de 2015

Vivendas do mundo

PALAFITA, MONGULU, IURTA, IGLU, CASA COVA
Excelente traballo realizado polos alumnos de 1º C. Despois de comentar na clase estas construccións e buscar imaxes en internet, foron capaces de usar o seu libro de ciencias sociais para buscar a información que tiñan que aportar no seu mural: o nome da vivenda, a vivenda, onde a podemos atopar e con que material se constrúe.

viernes, 13 de noviembre de 2015

O OUTONO CHEGA A 1ºA

Aínda que non o pareza polo clima que estamos tendo, o outono xa chegou e en 1ºA quixemos decorar o noso taboleiro coas cores e froitos típicos desta estación.