martes, 10 de noviembre de 2015

Casa de Ecuador

Érase unha vez un país lonxano chamado Ecuador. Este país atopábase no sur dun fermoso continente: América.  Alí vivía a familia dunha fermosa rapaciña. Esta nena disfrutaba aprendendo, observando, experimentando...asique cando foi de viaxe a Ecuador, a súa cabecilla veu cheíña de ideas novas.

As casas estaban elevadas do chan. Sabedes por qué? Porque hay moita vexetación, animais e humidade. Súbese a elas por unhas escaleiras exteriores.
Con absorbentes fixo unhas canaletas por onde drena a auga. Tamen simulan as ramas de bambú cas cales se constrúen estas vivendas.
O tellado está pintado con spray de cor vermello e a fachada é dunha relaxante cor  verde.
Se abrimos a porta e as fiestras podemos ver os mobles da cocina.
Nesta casa fascinante seguro que a fermosa rapaciña foi moi feliz.

No hay comentarios:

Publicar un comentario